Rugby Ready é un poderoso recurso online (previo rexistro gratuito) para formar, actualizar, e probar os seus coñecementos sobre os aspectos físicos do xogo.Poñendo énfase na forza e a seguridade, ensínalle a respectarse a si mesmo e ao xogo para poder gozalo ao máximo.
O programa de autoavaliación inclúe 17
módulos de boas prácticas que abranguen:
- Preparación para o partido e acondicioamento físico
- Técnicas correctas
- Prevención e manexo de lesións
O finalizar pódese facer as actividades de avaliación e otorgaraselle un diploma de realización do curso.MOI RECOMENDABLE.
Nesta páxina da FIVB pódese consultar e descargar o manual do adestrador I. Os capítulos do manual pódense descargar individualmente dende ó índice. Está en inglés.
Aquí tedes unha presentacion de Slideshare de Ángel Alonso que sirve para ilustrar a evolución dos sistemas tácticos o longo da historia do xogo do Fútbol:
William Webb Ellis (Salford – Inglaterra, 24 de novembro de 1806 – Menton – Francia, 24 de xaneiro de 1872) é considerado como o inventor do rugby moderno.
William é o fillo de James Ellis, un oficial de dragóns da garda, e de Ann Webb, cuxo matrimonio iniciou en 1804 en Exeter. Despois da defunción do seu pai en 1811 no momento da batalla de Albufera, Ann Webb instálase co seu fillo en Rugby. Este último frecuenta o Rugby School, un dos colexios privados máis célebres de Inglaterra, entre 1816 e 1825.
Segundo a lenda William Webb Ellis creou este deporte durante un partido de fútbol que disputaba na localidade inglesa de Rugby. quen en 1823, tras tomar a pelota coas mans nun partido de fútbol, cargou contra os adversarios.