O programa “Os 11″, foi desenvolvido polo Centro médico de avaliación e investigación da FIFA (F-MARC), en cooperación cun grupo de expertos internacionais.
“Os 11″ é un programa preventivo moi sinxelo, doado de recordar e de grande eficacia; comprende dez exercicios funcionais e destinados a un mellor rendemento; o último deles promove o xogo limpo. Só se necesita unha pelota, e a súa duración é de 10-15 minutos (despois dun breve período de familiarización). Os exercicios baséanse no equilibrio central, o adestramento excéntrico das coxas, o adestramento propioceptivo, a estabilización dinámica e a pliometría coa perna en liña recta. A efectividade do programa reside en que a maioría dos exercicios adestra ao mesmo tempo diferentes aspectos e pode substituír outros exercicios.
Dende a mesma aplicación pódese descargar o arquivo PDF en formato Póster ou Libro.
Fonte: FIFA ![]()

Publicado por deportescolectivosriocabe