Recursos de Rugby para Profesores e Adestradores

16 Abril 2009

Programa “RUGBY READY” da IRB

Rugby Ready é un poderoso recurso online (previo rexistro gratuito) para formar, actualizar, e probar os seus coñecementos sobre os aspectos físicos do xogo.Poñendo énfase na forza e a seguridade, ensínalle a respectarse a si mesmo e ao xogo para poder gozalo ao máximo.
O programa de autoavaliación inclúe 17
módulos de boas prácticas que abranguen:

- Preparación para o partido e acondicioamento físico
- Técnicas correctas
- Prevención e manexo de lesións

O finalizar pódese facer as actividades de avaliación e otorgaraselle un diploma de realización do curso.MOI RECOMENDABLE.


Breve reseña sobre WEBB ELLIS

31 Marzo 2009

William Webb Ellis (Salford – Inglaterra, 24 de novembro de 1806 – Menton – Francia, 24 de xaneiro de 1872) é considerado como o inventor do rugby moderno.

William é o fillo de James Ellis, un oficial de dragóns da garda, e de Ann Webb, cuxo matrimonio iniciou en 1804 en Exeter. Despois da defunción do seu pai en 1811 no momento da batalla de Albufera, Ann Webb instálase co seu fillo en Rugby. Este último frecuenta o Rugby School, un dos colexios privados máis célebres de Inglaterra, entre 1816 e 1825.

Segundo a lenda William Webb Ellis creou este deporte durante un partido de fútbol que disputaba na localidade inglesa de Rugby. quen en 1823, tras tomar a pelota coas mans nun partido de fútbol, cargou contra os adversarios.

Fonte:http://es.wikipedia.org/wiki/William_Webb_Ellis


REGRAS DE XOGO DO RUGBY

20 Marzo 2009

Na páxina web oficial da FER (Federación Española de Rugby) podedes ver e descargar as regras de xogo do Rugby:


REGRAS DE XOGO DO RUGBY (FER)


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.